Ábrese o telón, primeiro acto
non son quen de traducir
a pálida luz dos vagalumes.
Témolle á Nada e a consciencia
sen que deixe rexistros da túa presenza.
Mergúllome nas cores
para darlle forma a existencia
do frenético tic- tac que me altera.
Sonetos polimétricos
dos interiores e dos intentos
sinónimos, antónimos, homónimos
que nada din da miña intriga.
Acto segundo de círculos viciados
E penso no Licántropo, no artista
no feitizo masoquista do lóstrego embriagado.
Quen é o actor que sucumbe ás ordes do
director?
Tramoia enferruxada , iluminación apagada
e o
apuntador, onde vai o apuntador?
Non sigo o guión, improviso
o vestiario gris na pel de mandarina
ollos amárelos.
Moita merda! Péchase o telón.
![]() |
Foto: Da rede |
No hay comentarios:
Publicar un comentario