Hai persoas que teñen maxia nas mans
maxia nos beixos e na ollada.
Hai persoas que doman pulgas
crean aventuras, inventan partituras
e agasállante co ás douradas.
Hai xente que ten sombreiros sen fondo
petos cheos de po e dragóns viaxeiros.
Hai xente que non cansa
e se aferra florecendo forte no inverno.
Hai persoas con libros de receitas
escritos con gran destreza
para vagalumes
que non alumean
na noite de estrelas.
Hai xente que tes a sorte de dar con elas.
![]() |
Foto: Ángela Quintana |
No hay comentarios:
Publicar un comentario