E namentres haxa
soños…Quedaran espellos
ou pode que sexa
viceversa.
Saín da ducha e
atopeime mirándome núa no espello
comecei a bailar
a ver como se movían
as miñas carnes murchas, secas.
Sorrín, non recoñecía
o corpo arrítmico
que danzaba ao son
dos acordes
desafinados da miña cabeza
pero si vin a nena
viva en min.
E díxenme en voz
alta:
-
Mírate Rochiña, mírate e recoñécete
a pequecha
sigue contigo.
Entendín
entón que facerse maior
é a
preciosidade máis grande que nos da a vida
e máis
se podemos gardar
dentro
de nós
unha
cativa que de cando en cando, fedella no espello.
Xa
non temo o cristal reflectinte do baño
oo que
miro miope polas mañás
non é
el quen prolonga o mundo incerto
na súa
vertixinosa tea de araña
que ás
veces empaña a visión e o mirar.
É o
hálito da persoa morta en vida
que se
empeña en continuar
nun teatro
armado socialmente
no que todo
acontece
e pouco se
lembra
que logo escribimos de esquerda a dereita
que logo escribimos de esquerda a dereita
ou de
dereita a esquerda?
Ah a
dislexia incluída ata no ilusorio
nunha mañá
de outono
da que non
quería espertar
e foi ela, a
nena, a pequerrecha.
Dende aquela
quedoume a incerteza
de mirarme e
perdela.
![]() |
Foto: Da rede |