Se fora unha muller de papel
poderías escribirme
pregarme, gardarme
lerme
e facer un avión de batalla.
Se fora unha muller de papel
poderías facer unha paxariña
e guiarme coa túa voz
polo labirinto da túa cabeciña.
Supoñamos que fora unha muller de papel
dun libro que se abre pola metade
e nel se lera un poema
do que é a casualidade
dos mundos que coinciden
cun sutil detalle.
Se pensas que son unha muller de papel
poderás deitarme
non teu lado esquerdo da cama
pero son unha muller de carne e pel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario