![]() |
Cadro de Chus Lauzara |
E sigo co loito rigoroso
tendo a fortuna de sentir
xente que me quere preto.
E quérolle a vida
a morte non me mata
o amor é fortuna
papeletas de subasta
que case sempre parece que me vai a
tocar.
É
o pensamento afónico
que medra como unha prolongación
invisible aos ollos, case constante.
Logo imaxino que son a garda da
humanidade
cuxa misión é berrar as inxustizas
defender as voces que non se
escoitan
logo, sinto a dor...E fágoa miña.
Non distingo se fago da vida unha metáfora
se adiantada ou atrasada
pero estraña, sempre estraña
e cos anos...
Cada vez máis dúbidas , preguntas
que non acadan unha resposta que me encha.
E ti
cres que fago arte
e me revelo ao mundo través das palabras
e non , non podo curar os segredos da alma
ou esculpir o espírito do vento que te aloumiña
cantar , como ti cantas
crear coas cores o todo e a nada.
Pensas que sei sentir
e pouco sei de sentimentos
por que me protexo co carozo
por covardía a sentir amor.
Recóllome do día , non sei escribir ledicias.
É na noite sombría,
cando a PUTA POESÍA
Ven a por mín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario