Quero un frasco de
cristal , para garda-lo tempo e
empregalo só , cando sexa realmente
necesario.
Perdo moito respirando sen toca-lo aire,
Esquivando acusacións do dedo acusador
Nubes desdebuxan a mente
Cinzas , borralla
Agora lume
Escapo das promesas
feitas no solpor.
Racho a soga
Que me ata ao teu escenario
Teatro sen entrada
Vestiarios sen roupa…
Pecho o telón.
Fio e desfio
Invento palabras con tinta invisible
Que logo descifro
Acerto, desatino.
![]() |
Foto: Da rede |
No hay comentarios:
Publicar un comentario