lunes, 14 de enero de 2013

A melancolía non sabe de crises



A melancolía…
A melancolía… Non  sabe de crises
Instálase  , e xa non se vai.

Aparece a dor
Que non atopa acougo
Nin nos prantos, nin nas bágoas.

Parece ás veces
Que a lúa quere bicarte
Envolvéndome  en harmonías  equidistantes
E aparecen as formigas bulindo por min.

Teño para escribir un libro:
A pluma dun corvo,
O tinteiro da ausencia,
A folla pálida e virxinal,
O silencio.

O reloxo parado,
Un saco de bicos por abrir,
Versos que non nacen,
Bolboretas cegas.

Papoulas disecadas,
Lembranzas entreabertas,
Un álbum nocturno
E unha caixa baleira.

Morriña, tristura…
A melancolía non sabe de crises
Non.




Foto: Autoretrato  Rochi Nóvoa.



5 comentarios:

  1. Teño que decir que non son home de letras, inda que sei recoñecer cando un traballo merece a pena. Teño lido algunhas das tuas poesías e gustanme , é algo diferente, realmente interesante. Un bico Rosa, vemonos algun dia en Xunqueira

    ResponderEliminar
  2. Mil grazas José, cando gustes, sempre aleda saber que se lee e que transmite, un bico.

    ResponderEliminar
  3. Mil grazas José, cando gustes, sempre aleda saber que se lee e que transmite, un bico.

    ResponderEliminar
  4. que rapidez !!! Non fai moito que vin o teu blog, pero agora encaixanme cousas, fai moitos anos escribiches no reverso unha folla usada unhos parrafos, e xa tiñan algo especial, inda o conservo, de vez en cando botolle unha ollada, traeme bos recordos ...

    ResponderEliminar
  5. Vaiaaaaaaaa iso si que me sorprende, hahahahahaha, que conserves, uauuuui que ilusión !

    ResponderEliminar