martes, 18 de diciembre de 2012

O soño agochado





Escondeu un soño

Detrás duns ollos que adormecían

As follas do outono.



  Agochouno na paneira

 e deixou sitio na súa cabeza a un morto,



Ao saír... alumeaba un horizonte ilusorio,

 Cantaba nas tebras

 Baixo o ceo aberto

Pola pomba de peteiro prata.
 


Os vermes bicaban os seus beizos

 Namentres a hipotermia

  des-fragmentaba o esquecemento.


 

Eterno pantasma do subconsciente

 Que sangra no corazón.

 Escondeu un soño,

Agochouno na paneira.


 
 
Foto: Juan Victor Seara Gago

1 comentario:

  1. Mi má! Bo, si, pero... escuro de máis, coido...

    ResponderEliminar