jueves, 20 de septiembre de 2012

Pero como nos podemos deixar badular así? Mexan por nós , sabémolo e dicimos…malo será?

Tento seguir a intuición e a lóxica. Ourense hoxe está de protagonista nos medios.

Sen querer e despois de escoitar tantas opinións e tan dispares, cada quen xustificando os seus pareceres, todos respectables…venme á cabeza o conto “ El elefante encadenado “ de Jorge Bucay, que logo de levar tantos anos encadeado, non pensou que podería romper unha minúscula cadea.

Nós tampouco somos mellores que o elefante, e sí presumimos de ter e de ser intelixentes. Véndennos un estado de ben estar , ( U-lo? e para quen? ), vivimos nunha democracia ( sabemos o que isto quere dicir?) temos igualdade de dereitos ( Ou só de deberes?), respectamos o medio ambiente ( Por iso,  agora pagamos as bolsas de plástico, que ate o de agora eran de balde) Defenden a escola pública ( De ahí o seu interese no peche das escolas , sobre todo do rural…) podería seguir enumerando, pero quen me coñece, xa sabe por onde vou.

Pola contra fálannos de unha crise que nós non xeramos e nin cremos, xa que o Banco Santander sen ir máis aló é o segundo banco europeo con máis beneficios xerados este ano, ou por nomear que a deuda interna , estámola pagando os traballadores que vimos reducidos, no mellor dos casos os nosos salarios, con incrementos de horas e subidas tolas de impostos, xa que os millóns de parados que xa non teñen nin os 400 euros de subsidio non poden. Os Políticos que se retiran, ou xa retirados seguen tendo un fondo co que moitas familias poderían vivir o resto da súa vida…

Fano tan ben!!!, que é flipante e convéncenos de tal xeito que expresión tipo :- É QUE TIÑAMOS MOITO VICIO! ( traballar a cambio dun xornal e marchar 10 días   a Vigo de vacacións?) E TEMOS O QUE MERECEMOS! ( Eu non merezo isto, perdoa ) Paracen xa doutrinas aprendidas, consciente e subconscientemente. Pero como nos podemos deixar badulear así? Mexan por nós , sabémolo e dicimos…malo será? E , eu confío nesta sociedade? A vós vos dou a miña ilusión e os meus fillos?, e o noso futuro?.

Cando estaba na escola ou vía películas onde un dirixente, emperador, ditador…facía ir a ruíña a un pais, ou a varios…entrábame sempre a mágoa e non hachaba a entender, por qué tanta xente se deixaba doblegar por só unha persoa rodeada de un séquito en número inferior. Lamentablemente, nunca pensei , que a min me tócase vivir algo semellante e ver esta pasividade.

Na miña humilde opinión ( eu son unha anónima calquera) deberiamos estar unidos, independentemente de ideolóxicas políticas, cores e bandeiras, xa que isto , aféctanos a todos. Eu tamén estou cansa de políticos, dirixentes, xuíces… corruptos,

Pois se somos o pobo os que lle dan o poder, tamén debe ser o pobo o que llo quite. SOMOS MÁIS E PODEMOS.

A segunda moral Vitoriana? heheheh tiña razón un amigo, seica debemos ter tantas como cartas da baralla.Non vós entendo compañeiros, non vos entendo.

Rochi Nóvoa.

14 comentarios:

  1. Dentro de un par de anos...ou menos....cando estemos ben afogados e desesperados....e sexamos mao de obra barata que se conforme con calquera merda de traballo mal pagado....viran as fábricas Francesas e Alemanas a salvarnos....instalaranse nos nosos poligonos....e por riba lles estaremos agradecidos...a Sra. Merkel aopiada polos mercados esta conseguindo o que non conseguiu Hitler cos seus tanques....ternos a toda Europa os seus pes e baixo o seu Xugo!!

    ResponderEliminar
  2. Eu non diría que dentro duns anos, lamentablemente,será mási inminiete

    ResponderEliminar
  3. Unha entrada cun contido co que estou realmente de acordo.

    Agora ben, quixera brevemente disertar sobre o comentario do meu compañeiro Milutxo. As cousas son así, certamente estamos nunha Europa que fai anos que deixou de ser un compendio de nacións por un obxectivo común para pasar a estar dominada por unha potencia económica e políticamente máis influínte que a nosa, que todas.

    Pero, é socialmente? Certo é que vivimos nunha sociedade politica e totalmente pasiva, enganchada o ` xa pasará ´ , o xa sairémos, o achegarse o traxe que pinta mellor e parece máis caro. Unha sociedade que parece desaparecida, que está incrédula e invadida por unha das peores sensacións, o medo.Deixámonos amedrentar, por calquera que teña algo que dicir. Mentres todos calamos.

    Unha sociedade que ten o dereito e mais a obriga de dirixir o seu propio futuro, política e moralmente.

    A sociedade alemana, máis alá dos tópicos coñecidos, que poderán ser máis o menos certos e alá según os conceptos de cada quen, caracterizase por ser unha sociedade movilizada, perseguidora dos seus dereitos, da súa condición e donos e responsables do seu presente e futuro político e económico. Onde xeralmente non consinten as segundas oportunidades.

    Esta opinión non constitúe unha defensa do seu modelo social, cheo de aspectos negativos e positivos,coma todos, aquelo da perfección sempre depende dos ollos cos que se mire,non se trata da situación política e social de Alemaña, trátase da nosa casa, da dos nosos fillos e só recolleremos dela o que sementemos. Eles están a recoller a súa, pero a que esperamos nós como sociedade para empezar a traballar?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Coido que eu...non me podería expresar mellor alégrome de que siga habendo mentes novas críticas,que ate parece que nos sacan o dereito a expresión

      Eliminar
  4. Temos un lema que cantamos con orgullo, co peito enchido ,
    Pois coido que é o momento de poñelo en practica:..."Desperta do teu sono"... Toña

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Descoñezo a quen ne dirixo,pero é claro que tocas dúas temáticas,e ben recollidas as palabras de Celso Emilio

      Eliminar
  5. En todo este tempo de depresión, crise, brotes verdes, rescates, movilizacións, protestas, promesas, eleccións e demáis, hai algún tempo que aprendin, nunha pancarta, que nós non somos nin de dereitas nin de esquerdas. Nós, simplemente, somos os de abaixo, e xa nos chegou o momento de ir polos de arriba. ¿Imos?

    ResponderEliminar
  6. Vero, efectivamente a sociedade Alemá ten as suas cousas boas e as suas malas, pero o seu modelo de contratos lixo con salarios de 400,00 €, onde antes traballaba unha persoa con condicions aceptables, agora traballan varios en condicions, atreveriame a decir que, precarias...hai 8 millons de persoas en traballos temporales ou a tempo parcial...non e un modelo que me atraia o mais minimo.

    Aqui o problema é o de sempre, mentres o € trouxo diñeiro para arranxar o noso pais, nos o gastamos en festas e en obras faraonicas coma o Monte Gaias, en aeroportos sen avions, e en encher os petos dos politicos corruptos que nos malgobernan, pero sobre todo en subvencionar modelos caducos e nada productivos en lugar de renovalos e facelos competitivos. Agora o teto secou e non hai maneira de manter esto funcionando.

    Obviamente algo hai que facer, e non podemos seguir esperando a ver que pasará....porque o que pasará xa o temos aqui...como ben dice Pepe a diferenza social cada dia é mais acusada...e a clase politica cada dia e mais descarada...

    ResponderEliminar
  7. Propoño entón...sabotear as eleccións

    ResponderEliminar
  8. Pois eu penso que non votar ou votar en branco so favorece os que xa mandan...penso que deberiamos ir a votar en masa para que non existan as maiorias absolutas que temos hoxe en dia. Xa sabemos e temos craro que calquera dos dos partidos maioritarios son a mesma merda.

    Eu propoño cambiar o chip, traballar pra nos, mercar productos da terra, evitar as grandes marcas e multinacionais, apoiar e loitar polo noso, apoiar o noso agro e a nosa pesca que son os nosos sectores principais, fuxir de Chinos, Lidls e similares ... fuxir de esta boraxine consumista na que estamos metidos...e decir, non seguir dandolle os € os mesmos que nos estan afogando....sair a calle e facer ruido esta ben para que se saiba do noso malestar, pero eso non soluciona nada, o traballo e a actitude e o que nos pode sacar do foso!!

    ResponderEliminar
  9. Eu refirome ao impacto, e ao inmediato...a nova de que un pobo se ergue e non se deixa.O que ti dís é case de lóxica,xa que nos deixamos ir cun captilalismo que non nos correspondía.

    ResponderEliminar
  10. esta cansion ta adicada @s profes republicanos,,,, que xa choveu,,, pero con la que está cayendo..... http://www.youtube.com/watch?v=GUpOR-IUg_I

    ResponderEliminar