lunes, 4 de junio de 2012

Non quero morrer de Marasmo


A tua mente atrae o que pensas… Non quero morrer de  Marasmo




Non nos sentimos valorados,

 polo xeral somos un número,

un concepto,

uns espectros que temos unha misión de traballo e reproducción,

e  cremos, que ese éxito, é a felicidade,

 vaia…esperanza sen fundamento.



 Desexo así,

 contaxiarme dos cantos maravillosos da vida,

 das ñañalas que dividen a nada da realidade ,

 da indiferencia e do amor,

disfruto vendo eses olliños antentos

aos modais empregados,

con vós sempre suaves,

 sutíles, ensoñadores,

 non faltos ás veces de incoherencia.





Non pido nada á vida...

 nen a ti, nen a vós,

 so prego encarecidadmente

que non me deixedes morrer de Marasmo,

podo resistir a dor física ata un límite , limitado.



Procuro entón,

non perderme polas congostras ensombrecidas da vida,

 no tedio, e na repugnacia,

preciso soñar e contemplar un ceo de lua chea,

nunha noite de estrelas,

precísote para min,

 ter un tempo eterno da tua esencia,

 poder vestirme de ilusión,

 para bailar preto do mar, sobre a area .





Quero  viaxar aos espazos infinitos

 e fundirme nas nubes de algodón que inventas.

Navegar as tuas entrañas

  perderme nos teus suspiros tenues.

 Voar polas inmensidades

 como esporas de ecos receptibles,

 ainda que se confundan os silenzos...

cando tremo, co medo ,de que me deixas.


Foto : Rochi Nóvoa




10 comentarios:

  1. ...e non pasará namentras nos chamemos amigos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas muaaaaa,iso sempre e por descontado.Entón comprendin...que a lua...xa sabes como segue...no corredor amarelo ;)

      Eliminar
  2. un pic improvisado de alento

    *mentras haxa
    un alento na alma
    para a maxia
    haberá espazo

    será ela
    a meiga, o encanto,
    que espantará
    calquer marasmo...

    e alí
    onde non chegue,
    inventaremos,
    nun instante,
    algunha fábula
    que encha a mente
    ... de nada ...
    ... de todo ...
    ... de fada!!

    [bikazo]

    ResponderEliminar
  3. Poetaaaa, grazas muaaa,cansa xa...hora de dumir e soñar,afortunada. Cada día que pasa máis, con amigos coma vós,quen quere máis?

    ResponderEliminar
  4. cuán abismal os mostrais...
    ... entre lo oral y lo escrito :)

    ResponderEliminar
  5. Abismo...non todos os que len escoitan,nin os que ven falan muaaaaa grande,grande deses que sabes e a cama que é tarde

    ResponderEliminar
  6. Ti morreras de outra cousa, pero de falla de cariño por parte da tua xente,....vai ser que de Marasmo non...e menos cos dous ceos que tes na casa....vamos, ainda menos. Bicosssssssss!!

    ResponderEliminar
  7. A verdade é que non me queixo...como di un...son uhna "suertuda" ;)

    ResponderEliminar
  8. Tan só podo decir que as tuas expresións impresionanme.......e digoche que antes do que penses poderas estar nas nubes que desexas porque o mereces.....poderas tocar a lua e encher o oco que falta...tan solo hai que loitar e querer, o tempo será testigo da túa loita e serás compensada. Queremoste moito todos e o noso cariño sempre o terás!!!....bicos e mais bicos. Grazas.

    ResponderEliminar
  9. Nachiñooooooooooo, que podo dicir...Grazas , muaaaaaaaaa

    ResponderEliminar