Dentro da escuridade da noite,
da á luz a rosa negra,
pola túa vida espéralle,
o solpor e as
estrelas.
Espertas, á beleza
que brilla
Cos ollos cor xofre
a pel branca como a neve
nun manto de tenrura e suavidade,
respira fillo respira!.
Escoitas o teu nome
Nos beizos de quen te bica,
Virxinal perante as portas mundo
Configuras a túa liberdade,
Pequerrecho, sae ,sae.
Non tes pecados para ser condenado,
a dor presentada,
non pode ser cultivada,
nos recunchos apagados desta habitación.
Péchase a noite, alónganse a sombras
Faite forte! mantente íntegro ao trebón.
Escoita-los berros
calados
namentres falta o alento,
o suspiro que non respiras
no agonizante bico da miña ilusión.
Respira fillo, respira!.
Fermosísimo¡¡¡¡ Un mundo de bicos¡
ResponderEliminarMuaaaaaaaaa, Grazas Ruliña :)
Eliminar