lunes, 16 de junio de 2014

Matarme




Suicídome neses días
que non se me permite vivir.

Fago un inventario para atoparme
por que teño os frascos
das esencias desordenados.

Teño envases de obrigas
deberes, xuros, responsabilidades,
xerras de cansazo varios
con xarope de desenganos.

Recipientes de letargos
medos e culpabilidade,
teño que matarme
morrer para Re-nacer


martes, 20 de mayo de 2014

PERDIDA EN MIN

Coma un espectro que muta
por anacos non me vexo no reflectir do espello
das mañas nubradas
e pregunto, onde quedei eu?.

Tento atopar en ti
a miña fusca realidade
e con oufano busco
o que no seu día non puiden soportar.

Por intres berro enfurecida
cal cativa enrabechada
e só atopo loucura
 na disipada cordura
a que me tento aferrar.

E novamente perdinme,
Entregueime, suminme.

E teño medo
medo a que pasen os días
sen saber de min
sen saber de ti.


Confiada na espera
coñecedora das  emocións con hipérboles
cos pes cansos de andar baixo as ordes dos demais
collerei o mapa
para non perderme na angustia
e desaparecer do exterior contaminante.

Cando saía do pozo
Saberei amar se me aman
soñarei , se me soñan.

Foto: Rochi Nóvoa

lunes, 19 de mayo de 2014

A MIÑA CIDADE ESTÁ TRISTE



A MIÑA CIDADE ESTÁ TRISTE
Fadwa Tuqan (poetisa palestina)

Comeza ela o poema
no día da morte e traizón
e os nosos ouvidos
 non poder deixar de escoitar os laios
dos rapaces que xa no xogan, nin cantan
as cancións da infancia
que corresponde a unha vida roubada.

E venme á cabeza Celso Emilio
Cando  escribía
Se é tua a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e tí negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.

Por que a man que desterra
os homes que violentan en violan
os que atravesan os peitos con crueldade
e impoñen
teñen que ser  castigados
pola humanidade
sexa cal sexa o pobo que chore.

Busco un eco hoxe
para que Palestina resoe
para que rexurda das cinzas
para que as familias retornen.

E atragantóanse as palabras
do mesmo xeito que o arame
que delimita a liberdade
dos irmáns que hoxe sofren.

Tezo este versos
escuros como a noite
para que voen coa luz
do mesmo sol
que nos cobre.
Foto: Da Rede