miércoles, 29 de febrero de 2012

Alpendre que roxe

Paxaros, soños


Meigas e fadas…

Ilusións postergadas.



Amor, ciumes

Bicos, ñañalas…

Sensacións insensatas.



Calor, temperanza,

Escuro, bacio…

Ritual incomprendido.



Palabras, letras,

Luz,lanterna…

Fusión de materias,



Roxe,roxe

No alpendre de noite.

Bule. Bule

No corredor da incertidume

Zoa, zoa

O vento na gaiola.

Miaña, miaña

O gato na estrada.

Roxe, bule e zoa

Que o gato miaña

Ao ver

Os espectros da alma


Foto: Rochi Nóvoa


miércoles, 15 de febrero de 2012

Namentres agardo...

Buscando a felicidade nun anaco de papel,


Pensei en cambiar algo a forma de expresar.

Que se falo de amor,

pareza que estou namorada

Para que non se note que vote en falla…



Que as bágoas que percorren

Esta face pálida semellen

pérolas de intensidade completa.



Os quérote que non chegas a escoitar

Non sexan distantes.



Apértame sen medo,

Para que non teña que votarte en falta

Bícame seguido

Que os teus beizos non cansan.



Mírame cando calo

Que falando estreso bastante

Fálame,

Para que as dúbidas

Disipen as pantasmas que invaden.

Foto: Rochi Nóvoa Vázquez

lunes, 30 de enero de 2012

A miña terra neste tempo de Entroido ( Xa que é tempo de lecer)

Terra dos meus antergos, terra meiga

Dos meus segados, terra fresca,

Húnida de sentimentos,

De moitos que albergas baleiros.



Terra que me fixo nacer

E terra que cria os meus nenos

Todo me dás e todo me quitas

Ata o alento se te perdo.



Por que te sinto, por que te quero

Por que te soño e te respecto

Por que non concivo a vida sen ti

Nen a que foi, nen a que será de certo.



Terra asoballada sempre

Tatuada no meu peito.


Foto: Rochi Nóvoa