jueves, 28 de agosto de 2014

Muller de Papel



Se fora unha muller de papel
poderías escribirme
pregarme, gardarme
lerme
e facer un avión de batalla.

Se fora unha muller de papel
poderías facer unha paxariña
e guiarme coa túa voz
polo labirinto da túa cabeciña.

Supoñamos que fora unha muller de papel
dun libro que se abre pola metade
e nel se lera un poema
do que é a casualidade
dos mundos que  coinciden
 cun sutil detalle.

Se pensas que son unha muller de papel
poderás deitarme
non teu lado esquerdo da cama
pero son unha muller de carne e pel.


martes, 12 de agosto de 2014

Xa non quedan profetas, auto destrución I


Evado os mísiles

cargados de amor

por se a profecía non se cumpre

evitando fríos cálculos

cargados de arranques paralizados

por comerche o corazón.

 

E queda todo no consciente

espectros atenuados

perdéndose na mirada ao ceo

azul, azul, maldito azul ceo

azul,azul, bendito azul ceo.




Follas cheas de estados febrís

tecen  o estado putrefacto

da división multicelular

de quen se perde coa luz dos faros.




Xa non quedan profetas

o amor  pode ser enfermizo

se non se quere curar

e digo antonomasia

para non ter que te nomear.






Foto: Da rede

martes, 5 de agosto de 2014

AOS QUE QUERO E ME QUEREN, PARA NON DIFUMINAR A REALIDADE.


Cadro de Chus Lauzara


E sigo co loito rigoroso
tendo a fortuna de sentir
xente que me quere  preto.

E quérolle a vida
a morte non me mata
o amor é fortuna
papeletas de subasta
que case sempre parece que me vai a tocar.

É  o pensamento afónico
que medra como unha prolongación
invisible aos ollos, case constante.

Logo imaxino que son a garda da humanidade
cuxa misión é berrar as inxustizas
defender as voces que non se escoitan
logo, sinto a dor...E fágoa miña.


Non distingo se fago da vida unha metáfora
se adiantada ou atrasada
pero estraña, sempre estraña
e cos anos...
Cada vez máis dúbidas , preguntas
que non acadan unha resposta que me encha.

E ti
cres  que fago arte
e me revelo ao mundo través  das palabras
e non , non podo curar os segredos da alma
ou esculpir o espírito do vento que te aloumiña
cantar , como ti cantas
crear coas cores o todo e a nada.

Pensas que sei sentir
e pouco sei de sentimentos
por que me protexo co carozo
por covardía a sentir amor.

Recóllome do día , non sei escribir ledicias.
É na noite sombría, cando a  PUTA POESÍA
Ven a por mín.




 
Foto: Emilio Romanos