lunes, 19 de mayo de 2014

A MIÑA CIDADE ESTÁ TRISTE



A MIÑA CIDADE ESTÁ TRISTE
Fadwa Tuqan (poetisa palestina)

Comeza ela o poema
no día da morte e traizón
e os nosos ouvidos
 non poder deixar de escoitar os laios
dos rapaces que xa no xogan, nin cantan
as cancións da infancia
que corresponde a unha vida roubada.

E venme á cabeza Celso Emilio
Cando  escribía
Se é tua a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e tí negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.

Por que a man que desterra
os homes que violentan en violan
os que atravesan os peitos con crueldade
e impoñen
teñen que ser  castigados
pola humanidade
sexa cal sexa o pobo que chore.

Busco un eco hoxe
para que Palestina resoe
para que rexurda das cinzas
para que as familias retornen.

E atragantóanse as palabras
do mesmo xeito que o arame
que delimita a liberdade
dos irmáns que hoxe sofren.

Tezo este versos
escuros como a noite
para que voen coa luz
do mesmo sol
que nos cobre.
Foto: Da Rede

domingo, 11 de mayo de 2014

NOS LIBROS DE PALESTINA



 

Eles teñen o corazón de pedra
nos seus libros non está a árbore da vida
carecen de vocabulario
 para denominar
e recoñecer as flores.
As bolboretas de cores
saen das películas de ciencia  ficción.

A palabra amor, amigo
é dun mundo descoñecido
polo tanto non hai definición.
pero saben de verbos:

MATAR, ASUSTAR, ABUSAR
ABORRECER, MORRER, APODRECER
FERIR, MENTIR.

Poden conxugalos en tódalas formas e persoas
Eu MATO
Ti ASUSTAS
El ABUSA,
Nós ABORRECEMOS
Vós FERIDES
Eles MORREN E APODRECEN
Foto: Da rede


miércoles, 7 de mayo de 2014

O CORAZÓN DO HOSPITAL





 Coidas de min  antes  aínda de nacer
 es a primeira en collerme no colo,
 en lavarme e vestirme,
incluso antes cos meus pais.

  Pasas a vida entregada ao noso coidado,
 voando silandeira arredor da nosa cama
coma bolboreta ao servizo da vida.

 Para ti non hai día nin noite.
Ves correndo ao sonar o timbre
o mesmo que as relas van a luz dos candís na noite pechada.

 A miúdo es ti quen estás cando dou o último suspiro.

As máis das veces
 non me decato da axuda que me das
 nin a sei agradecer
 por que os meus nervios
en ocasións
 fanme  mala paciente e peor acompañante.

 Aínda así paliades a dor.
A dor do corpo e a dor da alma.

Túa é a palabra amábel e cariñosa
que ven suavizar a impersoal e diagnóstica voz dos médicos.

 Túa é a man que acerca o pano para secar as bágoas.
Túa a paciencia cando a miña falta.

Non dubidas en facer horas extras,
 en acudir a urxencias
 aínda que estes fora de horario laboral.

 Es a miña  salvavidas,
 a miña Deusa
 cando me falta a terra por baixo dos pés.

Admírote malia que non cho diga
e en troques de dicircho,
 afirmo que eu non podería facer o teu  traballo
 que non  teño estómago.
 E  ti ...  Ti tampouco,
 ti tes corazón.
 Es o corazón do hospital.
Foto Rochi Nóvoa, Deseño : Eladino Cabanelas