miércoles, 13 de febrero de 2013

San Valentín Positivo II



Por cada persoa que morre…outra nace con forza

A vibración das túas verbas tan desexables
Tan esperanzadoras, tan buscadas!
Son coma  ventos furacanados.

Busco e atopo:
A mirada de lume que cega,
O corazón que sangra e rega
 Con pétalos  bermellos
Na neve branca.

Aprendín a opinar
A asentir para destacar
A calar para arder contigo
Noutra dimensión ilusoria.

Conquistarei a túa compaña
E fundiremos nunha soa persoa
Sen  reproches.

Silenciosamente, os meus beizos  arden
E agocho a paixón que provocas
Sen poder viaxar aínda ao inferno
Por mor dun trato.

Desexosa xa do teu corpo cálido
do pó da boca de marmelo saborosa
que non perdeu o sabor dende entón.

Tacto quente ,
 Defeble aparencia e forte sostén.
Xa esta chegando a hora!







Poema San Valentin I ( Negativo )



Opeor...non é atopárse! O peor é...perder a ilusión


A vibración das túas verbas soan lonxanas.
Os ventos furacanados,  xa se aproximan.

Busco e non  acho:
A mirada de lume que cega,
O corazón que sangra e rega
Aos pétalos prostrados
Na neve branca estrada.

Aprendín a non opinar
A asentir para evitar
A calar para non ferver.

Conseguín non rogar compaña
A non mendigar unha ñañala
E non reprochar unha promesa rota.

Silenciosamente, os meus beizos secan
A dor… entumece e subliña
O viaxe ao inferno do pacto

Cansa xa dos corpos  apagados
do pó da boca morta e seca dende entón
Tacto frío ,
 De forte aparencia e feble sostén.

Os ventos furacanados,  xa se aproximan.







viernes, 1 de febrero de 2013

As caixas musicais

Para esquecer…
Hoxe é un bo día!.


 Gosto das caixiñas musicais transparentes,
Esas que só con miralas
Sabes o que senten e o que teñen dentro.

 E déixome namorar
polas melodías que albergan dentro.

 Son máxicas!
Teñen incluso un misterio,
Saben que vivir…
Non é só respirar e sentir latexa-lo corazón
Ao ritmo das emocións.

 As caixas musicais si…
Son o evanxeo do delirio,
As oropéndolas que cantan.
As estrelas da esperanza onde comeza o ceo.

 Falan mainiño, pensan rapidamente
Nunca se rin dos soños dos demais.

 Teño unha favorita
Por que a miña caixiña musical
É o comezo tozudamente agochado
Detrás dos finais.
 

Foto: Da rede.