Acomodo sobre o nariz as lentes
báixoas para reler a mensaxe
por se a visión mal interpretara
algunha palabra,
de noite sempre hai máis calma.
Sigo albergando serias dúbidas
sobre as declaracións espontáneas.
Poñamos entón algunhas cuestións
sobre a mesa pentagonal,
acende se queres as candeas cilíndricas negras.
Casarse cun morto asegura polo xeral
o éxito matrimonial,
os franceses saben disto
teñen
unha lei que garante que así sexa
no artigo
171 do código civil francés.
Pero xorde a pregunta
existirá o divorcio Post-Morten?
Somos tan inseguros que precisamos
probas de amor constante?
Todo parece ir ben cando a estrutura é triangular
e se deixamos
o triangulo cos dous catetos
e a hipotenusa?
O amor que dura, fai que sexa duro o amor?
Ben querido Albert,
pouco che sei do amor e do desamor
a vida é unha constante aprendizaxe.
Tenta non confundir o amor co tempo
e o tempo co amor.
Dinme que a figura que máis me pega
é a espiral.