jueves, 25 de octubre de 2012

Chegou a hora



"A man que manexa a pluma vale tanto como a que conduce o arado”. Arthur Rimbaud

Reporteiros alugados
Disfrazan esteticamente
Momentos de dor e pranto.

Teólogos capitalistas
Non ven a un pobo asoballado,
Políticos corruptos
Paponean os peitos cheos
De poder putrefacto.

Necios que non escoitan
Insensibles ao declive estrepitoso,
Sendo testemuñas, protagonistas
E vítimas do goberno ditador
Que nos quere ter calados.

É tempo de afianzarse
De premer nas tegras o desencanto .

Os meus beizos teñen sede de xustiza
A conciencia …
unha débeda .
Foro: Rochi Nóvoa.

lunes, 22 de octubre de 2012

Estado de reflexión




Rachada, ferida
Decepciona, aqueloutrada.

Esnaquizada,partida
Escurridiza, laiosa.

Arrepentida, paifoca
Babeca,perdida.

Inqueda, mixericas
Pusilámine, deble.

Avergoñada, desacougada
Desatinada, ida.

Farta, cansa
Incomprendida, desquiciada...


Foto: Emilio Romanos.

lunes, 15 de octubre de 2012

Pranto



Pranto
Pola lembranza viva,
No berce acugulado
Das accións ingratas.

Fedella o destino
Na illa do recordo
Engaiolando ós días de retorno.

Ósos fusiformes  da memoria,
Esnaquizan
O proxecto liberado do naufraxio.

Aflixida no silencio,
Visualiza o rostro arrebatado do peito,
Sen permiso, roubado.

Albastros xexados, fican no desvelo,
Fuxida a  aurora branca
E as badaladas…
As badaladas,  aínda non marcan á hora.





Foto: Rochi Nóvoa.

jueves, 4 de octubre de 2012

Predicador lascivo



Comprendo que a mentira é engano e a verdade non. Pero a min enganáronme as dúas
Antonio Porchia.

 Coa chegada do outono
O eslavón amable da cadea,
Preme a panca de ferro
Da inmunda aflición.

Fel esparexido,
Desterro do desencano
que sucumbe ao ardido peito.
Non te recoñezo!

Amante do prohibido,
Predicador lascivo,
Modelas a túa vontade
A confianza depositada.

Desviación moral…
Tento xustificar!
Á contrariedade xerada.

Desconcertada,
Ao roteiro das pegadas incrustadas,
Tento con esforzó…xustificalas.
Foto: Emilio Romanos Castiñeira

martes, 2 de octubre de 2012

Acouga, respira!



Dentro da escuridade da noite,
da á luz a rosa negra,
pola túa vida espéralle,
o solpor e  as estrelas.


Espertas, á beleza  que brilla
 Cos  ollos cor xofre
a pel branca como a neve
nun manto de tenrura e suavidade,
respira fillo respira!.

Escoitas o teu nome
Nos beizos de quen te bica,
Virxinal perante as portas mundo
Configuras a túa liberdade,
Pequerrecho, sae ,sae.


Non tes pecados para ser condenado,
 a dor presentada, non pode ser  cultivada,
nos recunchos apagados desta habitación.


Péchase a noite, alónganse a sombras
Faite forte! mantente íntegro ao trebón.

Escoita-los berros  calados
namentres falta o alento,
o suspiro que non respiras
no agonizante bico da miña ilusión.
Respira fillo, respira!.