lunes, 25 de junio de 2012

Déixame coller alento


Non quero estar

Onde a xente pasa indiferente,

Creo na amizade despois do amor

E no amor antes da amizade.


Xa hai tempo que,  eu tampouco

Vexo un monte de papoulas

Secrada,  por que foron arrincadas, sen estima.


As estrelas ...

Semellan sempre tan distantes

Para alumear as horas de cansancio e desfeito.


A fricción co chan

Gasta as rodas de caucho

a alma consume o peito

e debe tamén o corazón pararse para respirar.

 Déixame coller alento…

Foto: Rochi Nóvoa.

martes, 19 de junio de 2012

Esperto...


Coas mans vacías ...esperto
 ata que a tráxica mañan atopa
os desfeitos da esperanza.

Interrumpo a escuridade
Prendendo a candea
Para encher os vacíos do sacramento.

Ordeno a mente
Para que o sufrimento
vaia sendo máis lento.
Luis R.

Afogo este mundo tolo
Que non ten o teu corpo
E concentrada,
Exilio as lembranzas.

Flores secas que non florecen,
O corazón desvinculado do peito
Proclive ao esquecemento
Tanto ten canto berre
Xa non chego a ti, xa non chego.

martes, 12 de junio de 2012

Non debería empezar?


Disposta para a perdición,

Sin esperanza,

ve como descansa o mundo

onde para contigo quere desfrutar

unha experiencia muda, única

sen ter que explicar.



Os berros calados

do desexo sinceiro

de querer terte preto.


Aterciopelada pel

de incendios por prender,

pluma negra do corvo

de desexo do averno

controlado por medo a perder.


Inaccesible, irompible

incesante, innacabable

itinirante, intimidante

inacabable...


Lume da fogueira que prendeu

rescaldos que non apagan

con ganas de arder.




lunes, 4 de junio de 2012

Non quero morrer de Marasmo


A tua mente atrae o que pensas… Non quero morrer de  Marasmo




Non nos sentimos valorados,

 polo xeral somos un número,

un concepto,

uns espectros que temos unha misión de traballo e reproducción,

e  cremos, que ese éxito, é a felicidade,

 vaia…esperanza sen fundamento.



 Desexo así,

 contaxiarme dos cantos maravillosos da vida,

 das ñañalas que dividen a nada da realidade ,

 da indiferencia e do amor,

disfruto vendo eses olliños antentos

aos modais empregados,

con vós sempre suaves,

 sutíles, ensoñadores,

 non faltos ás veces de incoherencia.





Non pido nada á vida...

 nen a ti, nen a vós,

 so prego encarecidadmente

que non me deixedes morrer de Marasmo,

podo resistir a dor física ata un límite , limitado.



Procuro entón,

non perderme polas congostras ensombrecidas da vida,

 no tedio, e na repugnacia,

preciso soñar e contemplar un ceo de lua chea,

nunha noite de estrelas,

precísote para min,

 ter un tempo eterno da tua esencia,

 poder vestirme de ilusión,

 para bailar preto do mar, sobre a area .





Quero  viaxar aos espazos infinitos

 e fundirme nas nubes de algodón que inventas.

Navegar as tuas entrañas

  perderme nos teus suspiros tenues.

 Voar polas inmensidades

 como esporas de ecos receptibles,

 ainda que se confundan os silenzos...

cando tremo, co medo ,de que me deixas.


Foto : Rochi Nóvoa